Anfitrión
Anfitrión
Personaxe e tema literario orixinado a partir dunha lenda tebana na antiga Grecia, se ben é certo que a primeira versión que se consegue pertencía ao latino Plauto. Anfitrión foi á guerra para vingar a morte dos irmáns da súa muller, Alcmena. Durante a súa ausencia, Xúpiter adopta o seu aspecto e goza así dos favores da súa dona. No Renacemento descóbrese de novo a peza de Plauto. Tanto Camões (1540) como Timoneda (1559) reelabórana en cadansúa comedia. Molière fixo unha versión de estilo lixeiro e brillante no ano 1668.