angaria
angaria
(< lat tardío angarĭa< gr ἀγγαρεία‘servicio de transporte, imposición’)
-
s
f
[HIST/DER]
-
Na Roma antiga, prestación forzosa que o estado impoñía aos cidadáns, consistente en transportar por terra bens mobles para a súa utilización por parte do estado.
-
Na época feudal, unha das prestacións persoais dos rústicos ou servos da gleba con motivo da terra que lles era censada.
-
-
s
f
[DER/MAR/BÉL]
En período de guerra, dereito de requisa que exercía un país belixerante respecto aos bens mobles estranxeiros, especialmente o dereito de requisa respecto a un barco dun país neutral, cando este se atopaba nas augas onde exercía a súa soberanía ese país belixerante.