angazo
(< anga ‘gancho’ < gótico *anga ?)
-
s
m
[AGR]
Utensilio agrícola formado por un mango longo e delgado, cruzado nun dos seus extremos por unha travesa, en forma de peite, armada de dentes de madeira ou ferro, que serve para xuntar ou recoller palla, herba, estrume e broza.
Ex: Puiden apañar ben a herba grazas ao angazo.
Sinónimos: anciño, rastro. -
s
m
[PESCA]
Aparello de marisqueo que consiste nun mango cilíndrico de madeira, dunha lonxitude aproximada de 1 metro, rematado nunha peza rectangular de madeira, chamada cota, e cunha lonxitude de 30 centímetros; da cota saen os dentes de ferro, dunha lonxitude aproximada de 12 centímetros. Actualmente, os angazos máis comúns son os que teñen a cota e os dentes feitos nunha soa peza de ferro. A forma de traballar con este tipo de angazo é a pé, en zonas de praia de escasa profundidade e fondos areosos; rastréxase tirando cara a atrás polo mango, para provocar a saída á superficie do marisco. Aínda que fundamentalmente se emprega para capturar berberechos, tamén se utiliza para limpar as praias e viveiros dos restos de cunchas e algas. Os angazos de dentes máis longos empréganse para a captura da ameixa. O angazo foi considerado no século XIX como un dos aparellos de arrastre máis simples pola súa facilidade de uso; é un aparello de clara herdanza agrícola, produto da época en que os labregos das zonas costeiras practicaban o marisqueo como unha actividade complementaria da súa economía agraria.
Sinónimos: anciño.
Frases feitas
-
Este xa se esqueceu do angazo. Persoa que está un tempo fóra do seu lugar de residencia e ao volver xa esqueceu a lingua e costumes da súa terra.