Angelica
Angelica
[PLANTA]
Xénero de herbáceas perennes da familia das apiáceas. Poden acadar entre 1 e 2 m de altura, presentan flores brancas, rosadas ou amareladas, e froitos oblongos ou ovados, comprimidos dorsalmente e con ás anchas nas costelas laterais. En Galicia son comúns tres especies: A. pachycarpa, que aparece en rochedos litorais, endemismo das costas noroccidentais da Península Ibérica; A. razulii, propia de prados; e A. sylvestris, coñecida como herba da raña.