anglesita

anglesita
s f [MINERAL]

Sulfato de chumbo, de fórmula PbSO4. Cristalizado no sistema rómbico; os cristais son prismáticos ou piramidais, de exfoliación clara, incoloros, brancos e, ás veces, grises, amarelados ou verdes con brillo diamantino. Ten unha dureza de 2,5-3 e un peso específico de 6,38. Orixínase xeralmente pola oxidación da galena. Tamén se chama vitriolo de chumbo.