anglicismo

anglicismo

(< lat tardío anglĭcu‘inglés’ + -ismo)

s m

Vocábulo inglés ou o seu calco semántico incorporado noutra lingua. O alto nivel demográfico de anglofalantes, a expansión comercial, política e científica do mundo anglosaxón, a profusión dos deportes de raíces anglosaxoas, determinaron a introdución de numerosos anglicismos nas principais linguas da cultura occidental.

Ex: confort, rosbif, interviu, show.

Citas

  • confort, rosbif, interviu, show.