Angry Young Men
Angry Young Men
Movemento artístico inglés (‘mozos coléricos’) que inclúe críticos, poetas, novelistas, dramaturgos e cineastas. Expresaron os seus propósitos na Declaration (1957), na que contribuíron Lindsay Anderson, Kenneth Tynan, Stuart Holdroyd, John Osborne, Doris Lessing, Colin Wilson, Bill Hopkins e John Wain. Reaccionaron contra formas de expresión formalistas e afastadas da realidade; propuxeron investigar esta realidade e atacar o xeito de vida e as institucións inglesas. O movemento é moi ecléctico. Nel participan novelistas como Kingsley Amis ou Alan Sillitoe, dramaturgos como Arnold Wesker ou John Arden, directores de cine como Tony Richardson ou Karel Reisz, entre outros.