angüiliforme
angüiliforme
(
-
adx
Dunha forma semellante á da anguía.
-
s
m
[ANIMAL/ICT]
Peixe da orde dos angüiliformes.
-
s
m pl
[ANIMAL/ICT]
Orde de peixes osteitios, que comprende individuos de corpo moi alongado, serpentiforme, coas aletas de consistencia branda e pel moi viscosa. Fáltanlles as escamas ou, se as teñen, están moi pouco desenvoltas. Carecen de aletas pelvianas e algunhas especies, coma as moreas, non teñen aletas pectorais (por iso aos angüiliformes tamén se lles denomina ápodos). As aletas dorsal e anal están unidas coa caudal, e forman unha aleta única. Nadan mediante ondulacións do corpo. Son propios especialmente dos mares cálidos. Soamente algunhas especies, como as anguías, pasan períodos, ás veces moi longos, en augas doces.