angüílula

angüílula

(

s f [ANIMAL]

Nome de diversos vermes do filo dos nematodos, de pequenas dimensións, de cor branca e semitransparentes e que se caracterizan por movementos rápidos. Algunhas anguílulas viven libres nas augas doces das charcas ou das lagoas onde abundan materias en descomposición; outras son fitoparasitas; hainas que son parasitas dos artrópodos e algunhas poden parasitar o home ou outros mamíferos.