Anhalt
Anhalt
Antigo territorio de Alemaña central que se estendía, dividida en diferentes fragmentos, en dirección NL-SO dende Fläming ata o baixo Harz. A capital era Dessau. Actualmente forma parte do land alemán de Saxonia-Anhalt. Creada como un principado do Sacro Imperio, o primeiro príncipe foi Enrique I o Vello (1170-1252) no ano 1212, co título de conde. Dividiuse en varias ramas ata que a liña dos príncipes de Anhalt-Dessau reuniu as posesións das outras liñas e, en 1807, todo o territorio converteuse no Ducado de Anhalt. En 1866 adheriuse á Confederación de Alemaña do Norte e despois ao Imperio alemán.