Anido de Solloso
Anido de Solloso
[HIST/HERÁLD]
Liñaxe natural de Castro de Anido, no concello de Cabana de Bergantiños. Unha rama desta caste pasou á Habana. As súas armas son as mesmas ca as dos Solloso, quen nun comezo tamén se chamaran Anido de Solloso: en campo de azul, un sol radiante de ouro cunha pomba da súa cor enriba e unha especie de niño, pendurado do seu bico.