anil
anil
(< ár an-nīl ‘planta oupasta azul-escura sacada do índigo’, ‘cor azul-escura’)
-
s
m
[PLANTA]
Arbusto do xénero Indigofera, que pertence á familia das fabáceas, propio de países tropicais, de follas imparipinnadas e inflorescencias axilares en acios. Dalgunhas especies (I. tinctorina, I. suffruticosa, etc) extráese a substancia colorante coñecida co mesmo nome.
-
s
m
[QUÍM/IND]
Substancia colorante de cor azul, xa coñecida polos exipcios, que orixinariamente se obtiña mediante a hidrólise e a oxidación dun glucósido (indicano) extraído de distintas plantas do xénero Indigofera. Foi sintetizada por Bayer no 1882.
-
s
m
A cor oscura da substancia do mesmo nome.
-
s
m
Cor pertencente ao espectro solar que se sitúa entre o azul e o violeta.