animismo
(<ánim(a)
-
s
m
[ETN/FILOS/RELIX]
Crenza segundo a que todo obxecto ou fenómeno da natureza está posuído por un espírito independente da mesma materialidade do fenómeno; son, polo tanto, espíritos non sometidos ás leis da natureza e cunha actitude intencionada. Esta crenza, moi antiga, é aínda especialmente habitual entre os pobos primitivos; tamén se pode atopar nalgúns enfermos mentais. En xeral, todos os pobos primitivos cren que a natureza debe a súa vitalidade á presencia destes seres inmateriais. Segundo o antropólogo inglés Edward Taylor, o animismo ten a súa orixe nas visións e nos soños dos homes primitivos, quen creron que estas experiencias son autónomas en relación coa materia. O animismo, de acordo con Taylor, constitúe a base do Espiritualismo e corresponde cun período cultural primario da humanidade. Taylor sinala que o culto a determinadas formas ou fenómenos da natureza e o politeísmo son unha consecuencia da selección que o home antigo fixo. A afirmación de que o Animismo constitúe a primeira forma relixiosa da humanidade foi combatida por Wilhelm Schmidt e os seus discípulos da escola histórico-cultural de Viena. Schmidt creu que o Animismo correspondía a unha etapa posterior á mesma idea relixiosa dun ser supremo. O Animismo xa fora recollido polos pensadores da escola de Mileto que crían que todas as cousas eran animadas por algún principio que lles daba a vida, e o Platonismo afirma a existencia dunha alma do mundo, principio da súa organicidade e unidade.
-
s
m
[PSIC]
Tendencia dos nenos a considerar como vivos os obxectos que se moven.
-
s
m
Recurso literario emparentado coa personificación ou prosopopea, que consiste en atribuír calidades humanas a obxectos inanimados.