anisotropía
(
-
s
f
[FÍS]
Fenómeno que presentan certas substancias nas que, polo menos unha das propiedades físicas, varía segundo a dirección, xa que as moléculas e os ións non están dispostos de forma idéntica en todas as direccións.
-
anisotropía do óvulo
[BIOL]
Distribución desigual das substancias integrantes do óvulo. Determina o diferente comportamento das celas (blastómeros) que derivarán de ulteriores divisións do óvulo e a partir das que se formarán os diferentes órganos ou tecidos.
-
anisotropía magnética
[QUÍM/FÍS]
Fenómeno de variación da susceptibilidade magnética coa dirección que presentan moitas substancias cristalinas. Nas substancias magneticamente anisótropas hai tres eixes principais de imantación, ortogonais entre eles, que non son forzosamente eixes de simetría do cristal nin eixes ópticos. A anisotropía magnética é moi marcada no grafito en certos anións osixenados e nos compostos orgánicos aromáticos.