anovulatorio -ria
(
-
adx
Que impide a ovulación.
Ex: O médico receitoulle medicamentos anovulatorios.
-
s
m
[MED]
Substancia que impide a ovulación, utilizada por motivos terapéuticos ou para evitar a fecundación ante unha eventual presenza de espermatozoides nos órganos xenitais femininos. O anovulatorio máis coñecido, a chamada pílula, basea a súa acción na administración continuada de proxesterona para inhibir a secreción de gonadotropinas e, xa que logo, da ovulación. En xeral, a proxesterona leva asociada unha pequena cantidade de estróxeno para manter o equilibrio hormonal do organismo feminino. Adminístrase en forma de comprimidos por vía oral, tomados diariamente durante vintecinco días do ciclo menstrual. Algunhas investigacións intentan desenvolver diferentes produtos hormonais con efectos de varias semanas ou meses tras unha única inxección.