anquilose
anquilose
(< gr ἀγκύλωσις‘soldadura’)
s
f
[PAT]
Abolición completa ou parcial dos movementos dunha articulación móbil. Pode estar causada pola rixidez dos tecidos intraarticulares, por modificacións periarticulares ou ben pola soldadura dos ósos que constitúen a articulación (anquilose verdadeira). Existe a anquilose cirúrxica empregada como medio terapéutico.