Anschluss

Anschluss

Anexión de Austria ao Terceiro Reich alemán (13.3.1938). A unión fora proposta por primeira vez polo Partido Socialista Austríaco ao final da Primeira Guerra Mundial. A ascensión de Hitler ao poder en Alemaña fortaleceu as milicias fascistas austríacas de Seyss-Inquart, partidarias da anexión, sobre todo despois do esmagamento dos socialistas en febreiro de 1934. En marzo de 1938 as tropas alemanas invaden Austria e proclámase a anexión, ratificada en abril por plebiscito.