Ansur
Ansur
[ONOM]
Antigo nome galego composto polos elementos xermánicos ans ‘Deus’ e uros ‘uro’ (especie de bóvido xa extinguida). Probablemente faga referencia a un animal sagrado, como no caso de Ansulfo. Algúns investigadores considérano, por outra banda, como un nome indíxena relacionado con Suario, de onde derivarían Sueiro e Suárez. Este antropónimo deu lugar á variante Ansurio.