Antares

Antares
Nome científico: [α Scorpii]
[ASTRON]

Estrela da constelación de Escorpión, a décimo sétima máis brillante da bóveda celeste (magnitude visual aparente 1) a unha distancia de 424 anos luz. É unha estrela superxigante vermella, 1.900 veces máis luminosa ca o Sol, e pertence ao tipo espectral M1.