antecastro

antecastro

(< ante- + castro)

s m [ARQUEOL]

Nome que reciben terreos anexos aos castros, dispostos a xeito de socalcos e de forma variable, tendentes á semicircularidade, que nalgúns casos acadaron proporcións considerables. Pódese dicir que é a zona de ampliación que contén a coroa, recinto superior en altura rodeado dunha muralla. Aínda que propiamente non formaban parte do recinto, si participan no seu sistema defensivo, podendo chegar a funcionar como área de ampliación da fortificación interior e dispoñer de defensas propias. Así mesmo, nalgúns antecastros téñense atopado estruturas habitacionais. Hai castros que teñen unha soa muralla, pero é moi frecuente atopar estes terreos anexos que o van adornando e que polo xeral quedan inscritos noutras murallas.

Confrontacións

castro

Palabras veciñas

antebrazo | antecámara | antecanto | antecastro | antecedencia | antecedente | anteceder