Anticuarios de Galicia, Asociación de
Anticuarios de Galicia, Asociación de
Asociación creada en Santiago de Compostela o 12 de xaneiro de 1980 por Lorenzo Martínez Montenegro e un grupo de anticuarios galegos. O seu fin é defender, promocionar e revalorizar os intereses dos seus asociados e das antigüidades, en xeral. O seu presidente é Víctor Manuel Rodeiro. Anualmente organiza en Santiago e na Coruña o Salón de Anticuarios Gallegos.