antídoto

antídoto

(< lat antidŏtu < gr ἀντίδοτος)

  1. s m [MED]

    Substancia que actúa sobre un veleno e evita os seus efectos tóxicos. A acción dos antídotos pode ser física, química ou fisiolóxica. Teñen unha acción puramente física as graxas e os mucilagos, que forman unha película ao redor de certas substancias velenosas e así retardan a súa absorción, ou tamén o carbón activo, eficaz polo seu poder absorbente. No caso dos antídotos químicos prodúcese unha reacción entre o antídoto e o veleno (neutralización, precipitación, transformación nun composto non tóxico). Os antídotos fisiolóxicos neutralizan os efectos do tóxico sobre o organismo e exercen unha acción antagónica.

  2. s m

    Medio ou preservativo para non caer en ningunha falta ou vicio.