antiferruxe

antiferruxe

(

  1. adx

    Que evita a formación de ferruxe.

    Sinónimos: antifeluxe.
  2. pintura antiferruxe [PINT]

    Pintura anticorrosiva destinada especialmente a protexer as superficies metálicas da acción dos axentes atmosféricos. Acostuman estar fabricadas con pigmentos que favorecen a pasivación do metal ou con zinc en po. Os aglutinantes son vernices graxos ou sintéticos, bituminosos ou a base de resinas sintéticas.