antífona

antífona

(< lat antĭphōna< gr ἀντίϕωνα‘contra a voz, o que responde’)

s f [MÚS/RELIX]

Canto no que dúas voces ou coros se responden de maneira alternativa; tamén fai referencia aos cantos litúrxicos, longos e independentes con alternancia, e aos versos que se cantan no introito, nos invitatorios e nas procesións. Semella que a estrutura dos salmos e da traxedia grega puido ter influído na adopción por parte dos cristiáns deste canto. Metaforicamente, Ramón Cabanillas empregou o termo no título dunha das súas obras Antífona da cantiga, onde glosa e antologa esta forma popular.