antifrición
(
-
adx
[IND]
Aplícase ás aliaxes metálicas utilizadas en pezas suxeitas a rozamento provocado por desprazamento. Destínanse sobre todo ás chumaceiras que soportan árbores en rotación, cabezas de bielas, etc. As aliaxes antifricción teñen que presentar dureza para poder reducir o rozamento. Tamén deben minimizar as posibilidades de enferruxamento, é dicir, ser plásticas. Dese xeito poden asegurar o axustamento automático das pezas que rozan, así como compensar pequenos defectos de aliñación ou irregularidades da superficie e conseguir a incrustación de partículas estrañas. Deben ser, ademais, bos condutores térmicos, para evitar quentamentos excesivos. As aliaxes antifricción comprenden tres grupos principais: aliaxes a base de estaño (80-92%), antimonio (3-15%) e cobre (3-10%); aliaxes nas que o chumbo substitúe o estaño e o cobre, totalmente ou en gran parte; e aliaxes nas que o principal constituínte é o cobre. Nestes casos, trátase de bronces ordinarios (cun 5-15% de estaño) ou especiais (fosforosos ou con chumbo). Os máis duros están formados pola combinación Cu 2 Sn. En certos casos pódense utilizar tamén aliaxes antifricción con zinc ou cadmio (con pequenas cantidades de cobre e aluminio) e outras a base de aluminio e estaño. Utilízanse, ben en forma masiva, ben como revestimento de soportes de aceiro ou de bronce; neste caso, unha característica importante é a súa adherencia ao soporte.
-
[IND]
-
Metal antifrición.
-
antifricción autolubricante
Calquera das aliaxes de antifricción que se obteñen pola metalurxia de pos que, en virtude da súa porosidade, poden impregnarse de aceite para converterse en autolubricantes. Os máis usuais son os bronces (90% Cu-10% Sn).
-