antiheroe

antiheroe

(< anti- + heroe)

s m [LIT]

Personaxe de ficción ao que se lle atribúen características opostas ás que definen o heroe. Asígnanselle, polo xeral, os valores dunha sociedade en crise e aparece como un ser marxinal sen as características arquetípicas como a valentía, a fermosura, o poder ou a intelixencia. Pódese rastrear a súa pegada na literatura antiga, pero quedou consagrado a partir da literatura posromántica. Na literatura galega poden considerarse como exemplos deste tipo os personaxes como Cibrán da Esmorga, de Eduardo Blanco Amor, ou Rañolas de Os dous de sempre, de Castelao.

Confrontacións

protagonista