antiinflamatorio -ria

antiinflamatorio -ria

(< anti- + inflamatorio)

  1. adx

    Que actúa contra as inflamacións.

  2. s m [MED]

    Fármaco utilizado para combater a inflamación. Os antiinflamatorios divídense en específicos e non específicos. Entre os primeiros están os sales de ouro e a penicilamina, indicados na artrite rematoide. Entre os segundos existen dous grandes grupos, os corticoides e os antiinflamatorios non esteroidais, que se subclasifican en derivados salicílicos e non salicílicos. Poden utilizarse por vía xeral ou tópica. Tamén o frío pode actuar como antiinflamatorio posto que produce unha vasoconstrición periférica.