Antirom
Antirom
Colectivo de artistas británicos que emprega as tecnoloxías multimedia máis novidosas para crear páxinas web e CD-ROM de impacto. Colaboraron coa firma Levi´s Strauss na realización de varias campañas publicitarias e expuxeron en varias ocasións na galería de arte virtual da revista Wired.