antitrombina

antitrombina

(

  1. s f [FISIOL]

    Proteína plasmática de acción anticoagulante que inhibe a actividade da trombina e de determinadas proteasas nas primeiras fases da formación do coágulo. As antitrombinas naturais do sangue son a heparina e a albumina X; a fibrina converteuse na antitrombina fisiolóxica máis importante.

  2. antitrombina II [FISIOL]

    Substancia globulínica do plasma; cando se combina coa heparina impide a acción da trombina co fibrinóxeno.

  3. antitrombina III [FISIOL]

    Antitrombina natural sérica ou plasmática. Combínase coa trombina e forma unha substancia inerte (metatrombina). Inhibe tamén outros factores activadores da coagulación, especialmente o factor Xa.