antíxeno
(< anti- + grγένος ‘orixe’)
-
s
m
[FISIOL]
Substancia capaz de provocar a acción de anticorpos que teñen capacidade de reacción específica con ela. A capacidade antixénica vai ligada a unha certa medida e a unha rixidez molecular. A especificidade antixénica depende de certos grupos funcionais ou de pequenas partes da molécula. Actúan como antíxenos as proteínas e os polisacáridos. Normalmente, para que un antíxeno provoque a formación de anticorpos ten que ser estraño ao organismo formador deses anticorpos, mais en certos casos un antíxeno pode inducir á formación de anticorpos no mesmo organismo do que forma parte (autoanticorpos).
-
antíxeno australiano
[FISIOL]
Antíxeno de superficie do virus da hepatite B, presente no soro de pacientes afectados pola enfermidade; atópase tamén en portadores sans nalgúns casos.
-
antíxeno de histocompatibilidade
[FISIOL]
Antíxeno presente en todas as células do organismo, agás nos eritrocitos e no trofoblasto, intervindo nas reaccións de rexeitamento nos transplantes de órganos.
-
reacción antíxeno-anticorpo
[FISIOL]
Reacción química na que os determinantes antixénicos dos antíxenos se combinan cos centros activos dos anticorpos e constitúen unha rede tridimensional proteica insoluble que se precipita e se degrada metabolicamente.