antolóxico -ca

antolóxico -ca

(< antoloxía)

  1. adx

    Propio dunha antoloxía ou digno de formar parte dela.

    Ex: Decidiu ler uns fragmentos antolóxicos antes de comezar a conferencia.

  2. adx

    Que é excelente ou digno de ser destacado. OBS: Ás veces utilízase tamén con sentido irónico.

    Ex: O equipo realizou un partido antolóxico. O seu erro de cálculo foi antolóxico e comentado en toda a clase.

  3. adx [ARTE]

    Exposición, xeralmente de homenaxe, dunha recompilación de obras dun mesmo artista.

    Ex: Fomos visitar a mostra antolóxica de Laxeiro.

Palabras veciñas

antólise | antólogo -ga | antoloxía | antolóxico -ca | antoloxista | antomedusa | Antón Abade, santo