antoniniano -na
(
-
adx
[HIST]
Pertencente ou relativo aos emperadores antoninos da antiga Roma (96-180 d C).
-
s
m
[NUMIS]
Tipo de moeda, con valor de duplo denario. A súa cuñaxe principiou baixo o Emperador Caracalla no s II. Os seus motivos iconográficos foron a cabeza radiada do Emperador ou unha lúa crecente baixo o busto da Emperatriz. A súa orixe xustificouse pola retirada da circulación dos antigos denarios de prata para refundilos nunha soa moeda, o antoniniano. O seu peso inicial foi de 5,45/5,10 g, aínda que, a causa da crise económica, foi reducindo o seu peso ata un terzo do que posuía inicialmente. De igual xeito, de ter ao principio unha lei dun 50% de prata, converteuse nunha moeda de billón e, finalmente, nunha moeda de cobre recuberta por unha fina capa de prata, polo xeral perdida co tempo. En certos momentos, o propio cobre foi substituído por unha aliaxe de estaño, cinc e chumbo. Están moi ben representadas as cuñaxes da época de Galieno, sendo a única moeda que se utilizou no Imperio durante a época da anarquía militar. En Galicia, atópanse xeralmente de bronce sen a recuberta de prata e formando parte de acubillos.