antraquinona
antraquinona
(< antra + quinona)
s
f
[QUÍM]
Composto preparado orixinariamente pola oxidación do antraceno, que na actualidade se obtén pola reacción de Friedel e Crafts entre o anhídrido ftálico e o benzol, e por condensación da 1,4 naftoquinona co butadieno (por exemplo, a alitzarina) e por nitración (entre outras, a 1-nitroantraquinona), que se emprega na síntese de colorantes. Úsase tamén no tratamento dos xermolos destinados á semente, como repelente de aves.