ántrax

ántrax

(

  1. s m [PAT]

    Enfermidade infecciosa producida pola bacteria Bacillus anthracis (ántrax maligno), que se manifesta habitualmente como un tumor inflamatorio na pel, de consistencia dura e coloración vermella, que se ulcera na súa parte central ou ocasiona unha carapola negra. Pode atacar o pulmón ou a ganglios linfáticos e chegar a ser mortal. O contaxio no home pode ser directo a través dos animais ou ao inxerir carne mal cociñada.

  2. s m [PAT]

    Reunión confluente de diversos furúnculos (ántrax benigno).

    Confrontacións: absceso, tumor, furuncho.