antropocentrismo

antropocentrismo

(

  1. s m [FILOS]

    Doutrina ou teoría que supón o ser humano como o centro do universo e como fin absoluto da natureza, polo que o ben da humanidade é a causa derradeira de todas as cousas.

  2. s m [FILOS]

    Principio básico que consiste en buscar unha interpretación das cousas á medida do ser humano, partindo das súas experiencias e valores, e sen procurar explicacións divinas ou ultraterrenas. No Renacemento, esta actitude opúxose ao teocentrismo característico do Medievo.