antropoideo
(< antropo- + -oideo)
-
s
m
Individuo da suborde dos antropoideos.
-
s
m pl
[PALEONT]
Suborde dos primates que comprende os platirrinos (macacos do Novo Mundo) e os catarrinos (simios do Vello Mundo, incluíndo os cercopitecos, os hilobátidos e os homínidos). Alén das múltiples diferencias, comparten unha serie de aspectos comúns: unllas planas en todos os dedos; cranio arredondado; ollos frontais; series dentarias (30-36 dentes) verticais; posúen só dúas glándulas mamarias no peito; longos períodos de xestación; e, finalmente, poden sentarse, deixando as mans libres para manipular obxectos axudados por un polgar opoñible, cando menos parcialmente, ao resto dos dedos. En certas taxonomías, empregábase este termo para designar as familias homínida e pónxida demarcadas segundo criterios taxonómicos desacreditados na actualidade.