antropomorfismo
(
-
s
m
Atribución de forma e características humanas a calquera obxecto ou animal.
-
s
m
[FILOS]
Doutrina que utiliza nocións propias da natureza ou da conduta do home para explicar entidades diferentes deste, sexan as cousas do mundo natural ou de Deus. A cualificación de antropomorfo ten un senso pexorativo e aplícase fundamentalmente ás doutrinas da física antiga.
-
s
m
[RELIX]
Tendencia e doutrina que concibe a divindade atribuída con características humanas. Dáse cun maior ou menor grao en todas as relixións, na medida en que as representacións que o home fai da divindade parten da forma de ser do propio home, a miúdo rematando por determinalas. É a forma propia das relixións politeístas e das mitoloxías, entre as que cómpre salientar a grecorromana.
-
s
m
[LIT]
Recurso literario que consiste en atribuír calidades e propiedades humanas a animais, vexetais ou entes inanimados e abstractos.