antropomorfo -fa

antropomorfo -fa

(

  1. adx

    Semellante ao home.

    Sinónimos: antropoide.
  2. adx [ARTE]

    Forma ou representación do corpo humano. Adoitan denominarse así as representacións de seres humanos que se consideran deliberadamente incompletas ou imprecisas, fundamentalmente nas artes primitivas.

  3. simios antropomorfos [PALEONT]

    Denominación informal, resultado de interpretacións desfasadas do feito evolutivo, que abrangue os homínidos non humanos (orangután, gorila e chimpancé) do Vello Mundo e os seus antepasados fósiles agrupados por compartir as seguintes características: falta total de cola, maior desenvolvemento das extremidades anteriores respecto das posteriores, falta de bolsas nas meixelas, redución ou ausencia das calosidades das nádegas e encéfalo moi desenvolvido. Tamén se denominan grandes simios ou, de xeito máis incorrecto, primates superiores.