antropónimo

antropónimo

(

s m [LING]

Nome propio de persoa (nome de pía, apelido ou alcume); isto é, os nomes que designan propiamente o individuo (prenomes), os que indican a familia (apelidos ou liñaxe) e os que designan por alusión unha circunstancia extralegal (alcumes). Dende o punto de vista xenético os antropónimos galegos poden clasificarse fundamentalmente nestes catro grupos: a) Prerromanos, de orixe indoeuropea ou non: Anaia, Ares, Eita, García, Munio, Goterre, Osorio, Urraca, Vasco; b) Xermánicos: Álvaro, Fernando, Ramiro, Rodrigo, Elvira, Rosende (ou os correspondentes patronímicos Álvarez, Fernández, Ramírez, Rodríguez, etc); c) Latinos ou gregos e hebreos transmitidos polo latín: Amado, Antón, Anxos, Bieito, Domingos, Emilio, Iolanda, López, Lourenzo, Mariña, Sánchez (latinos); André, Baia, Cristina, Estevo, Estévez, Eufrasio, Paio, Páez, Uxía, Xurxo (gregos); David, Miguel, Miguéns, Sara, Simón, Xosé (hebreos); d) Árabes: Alí, Zalama, Moraima, Cide.