Anubis
Anubis
Deus exipcio representado en forma de chacal (ou de can) ou ben en forma humana con cabeza de chacal. Axudou a Iris a amortallar a Osiris, converténdose deste xeito no deus dos mortos e no condutor das almas. Presidía as sepulturas. O seu nome exipcio era Inpu, e máis tarde formou parte do culto alexandrino de Serapis e Isis. Identificouse con Hermes e tomou o nome de Hermambis.