Anunciador, El
Xornal nado en Pontevedra o martes 2 de xaneiro de 1877 e desaparecido en maio de 1893. Foi subtitulado como “Diario de noticias, anuncios e intereses morales y materiales”, “Diario de intereses generales, noticias y anuncios”, “Diario de Pontevedra”, “Diario republicano” e “Diario republicano progresista” ao longo de diversas etapas. Fundado por Xosé Suárez, tivo como directores a Indalecio Armesto, Xosé Madrigal, Xoán M. Rodríguez, Cosme Fernández, Emilio Couto e Xosé Sequeiros. Tratou temas políticos, culturais e mesmo publicou poemas en castelán de Renato Ulloa, Claudio Cuveiro, Nicanor Rey, Andrés Muruais, Núñez de Arce, Alfredo Brañas e Xesús Muruais, entre outros. Xunto a estes, poemas en galego de Rosalía e Francisco Mª de la Iglesia, e unhas crónicas tituladas “Farangullas” de Roque Pesqueira. Tamén difunden información sobre o dicionario de Cuveiro Piñol e Aires da miña terra de Curros Enríquez. Reaparecería no ano 1893.