anxioplastia
anxioplastia
(< anxi(o)
-
s
f
[MED]
Cirurxía plástica dos vasos sanguíneos.
-
anxioplastia coronaria
[MED]
Tamén coñecida como anxioplastia coronaria precutánea transluminal. Técnica non cirúrxica empregada para a dilatación das placas ateromatosas das arterias coronarias. Consiste en inserir un pequeno globo, situado no extremo dun longo catéter, xustamente no interior da zona parcialmente obstruída da arteria; alí ínflase e, ao comprimir a placa de ateroma, aumenta a luz do vaso e, polo tanto, o fluxo sanguíneo. A anxioplastia coronaria, sempre que a oclusión arterial permite realizala, é unha alternativa á cirurxía do bypass.