ANZUS
ANZUS
Nome polo que é coñecido o Tratado de Seguridade do Pacífico firmado en San Francisco por Australia, Nova Celandia e os EE UU o 1 de setembro do 1951, e ratificado en abril do ano seguinte, con garantía de axuda mutua e de consulta recíproca. O principal organismo creado por este tratado é o chamado Consello do Pacífico, de carácter consultivo. No 1986, a negativa de Nova Celandia a acoller nos seus portos barcos con armamento nuclear determinou a retirada deste país da organización.