apache
(
-
s
m
[HIST/ETN]
Pobo de América do Norte, de fala atapascana, que a finais do s XV vivía na área cultural do S-O (actual Arizona e Novo México) como recolector. No curso dos dous séculos seguintes aprenderon a doma do cabalo e convertéronse en grandes cazadores e temidos guerreiros. A finais do s XIX, vencidos e dezmados, entraron en distintas reservas dispostas polo goberno dos EE UU. Posteriormente, algúns xefes (Cochise, Vitorio e Xerome) rebeláronse, pero foron derrotados. Pertencen aos apaches os mescaleiros, os chiricahues e os kiowa-apaches. Na actualidade (1999) superan o número de 10.000 individuos.
-
s
m
[SOCIOL]
Denominación aplicada, dende finais do s XIX, a individuos dos baixos fondos de París e doutras poboacións francesas que practicaban o roubo, o asalto nocturno e a miúdo o proxenetismo. O nome vén dado polas tatuaxes que adoitaban lucir, semellantes ás dos indios apaches.