apañado -da

apañado -da

(< apañar)

  1. p reg

    de apañar.

  2. adx

    Referido á persoa a quen non lle gusta dar ou gastar, moi pegado ao diñeiro.

    Sinónimos: cutre.
  3. adx

    Coidadoso e ordenado coas súas cousas e co seu aspecto físico.

  4. adx

    Que dispón dos medios económicos precisos para vivir.

  5. adx

    Que se atopa ben alimentado.

  6. adx

    Que fai ben as cousas con poucos medios ou con poucos recursos.

    Sinónimos: hábil.
  7. Muller que se dedica a apañar froita ou cereais.

Frases feitas

  • Estar apañado. Que está nunha situación difícil ou comprometida. SIN: estar aviado. Ex: Se quere aprobar está apañado con ese comportamento.

Palabras veciñas

apampar | apaña | apanado -da | apañado -da | apañado -da | apañadoira | apañador -ra