aparición
(< lat apparitiōne)
-
s
f
Acción de aparecer.
Ex: A aparición dun novo astro espertou o interese dos científicos de todo o mundo. A aparición das obras completas de Castelao coincidiu co aniversario da súa morte.
Antónimos: desaparición. -
s
f
[ETN/ESOT]
Manifestación visible dun ser de características sobrenaturais. Entre as aparicións máis comúns que en Galicia acontecen están: as almiñas, que polo xeral veñen reclamar algo aos vivos, a miúdo causándolles medo, para podérense redimir e salvarse; as do urco, que aparece en forma de can grande, negro e de ollos brillantes; as do trasno, en forma de cabrito e argallando falcatruadas para asustar os que frecuentan lugares solitarios; e o demo, que fai tremer a quen o ten diante. A noite é o momento preferente das aparicións, e as corredoiras e lugares afastados e solitarios os espacios elixidos maioritariamente. Antano nos velorios ou en calquera outra ciscunstancia oportuna para o relato non era estraño escoitar historias vencelladas con aparicións.