ápice

ápice

(< lat apĭce)

  1. s m

    Extremo superior, cume ou punta dalgunha cousa.

    Ex: Probei ese licor alcólico co ápice da lingua.

  2. s m [ANAT]

    Punta ou extremo dunha estrutura anatómica como o peteiro das aves ou follas dos vexetais.

  3. s m [ASTRON]

    Punto da esfera celeste cara onde se dirixe o Sol e, con el, todo o sistema solar. Está situado na constelación de Hércules e as súas coordenadas son 18h 04min (aproximadamente 270°) de ascensión recta e +30° de declinación. A velocidade do Sol no seu movemento cara ao ápice é duns 19 km/s.

  4. s m [ESCR]

    Acento gráfico diacrítico posto sobre unha letra; por exemplo nas inscricións latinas para indicar unha vogal longa.

  5. ápice vexetativo [BOT]

    Extremidade do talo e da raíz, onde se localiza o meristema primordial.