aplasia

aplasia

(< a- + grπλάσις ‘modelaxe’ + -ía)

  1. s f [PAT]

    Ausencia ou interrupción do desenvolvemento dun tecido ou dun órgano.

  2. aplasia medular [PAT]

    Alteración grave da médula ósea caracterizada por unha diminución das células nai hematopoéticas, cunha notable redución da produción dos elementos sanguíneos. Diferénciase a aplasia medular primitiva ou idiopática, de causa descoñecida, da aplasia medular secundaria, que pode ser debida a unha exposición a diversos axentes tóxicos. As consecuencias clínicas son: anemia, por falta de hemacías; trastornos hemorráxicos, por falta de plaquetas, e alteracións inmunitarias, por falta de leucocitos.

Palabras veciñas

aplanogameto | aplanogamia | aplanospora | aplasia | aplaudidor -ra | aplaudir | aplauso