aplita

aplita
s f [XEOL]

Rocha ígnea da familia dos granitos e de grans moi finos. Componse de cuarzo e feldespato alcalino (oligoclasa), dispostos en forma de mosaico. As medidas dos grans van dende 0,05 mm ata 1 mm. Pode ter mica, en pequenas proporcións, e ás veces, microclina e turmalina. As aplitas enchen as diaclasas ou fendas das masas graníticas e representan un produto final da cristalización.