apoloxeta

apoloxeta

(< gr ἀπολογία‘defensa’ + –eta)

s m [RELIX]

Nome dado a cada un dos escritores cristiáns que no s II fixeron defensa da súa fe perante gobernantes romanos, xudeus e outros pagáns. Os principais foron Arístides, Xustino, Taciano, Atenágoras, Teófilo, Minucio Félix e Tertuliano.